Mediar para transformar: A Intermediación Lingüística por parte de Menores como recurso pedagóxico
Abstract
A Intermediación Lingüística por parte de Menores (ILM, en inglés child language brokering) fai referencia á práctica daqueles/as menores que, especialmente en contextos de migración, actúan como tradutores e intérpretes para as súas familias e comunidades lingüísticas. Esta contribución explora o potencial didáctico da ILM como recurso para traballar a competencia plurilingüe e de mediación. A partir dunha etnografía desenvolvida nun instituto de secundaria galego, preséntanse distintas actividades de concienciación lingüística baseadas na expresión dramática. A análise das dinámicas realizadas e das reflexións do alumnado participante amosa que este tipo de intervencións permiten visibilizar repertorios plurilingües habitualmente ignorados, promover aprendizaxes significativas e fomentar unha mirada crítica sobre a diversidade lingüística e as desigualdades sociolingüísticas presentes na escola.
Fields of Study & Subjects
Multilingual Education and Policy
Galician and Iberian cultural studies
Immigration and Intercultural Education
Publication details
- Journal / source
- Limite: Revista de Estudios Portugueses y de la Lusofonía
- Publisher
- Universidad de Extremadura - Servicio de Publicaciones
- Volume
- 19
- Issue
- 2
- Pages
- 363–380
- Publication date
- 9 January 2026
- Language
- PT