Entrevista con dona Socorro Formoso Castro, presidenta do Consello Rector de UGACOTA-SECTOR TEXTIL

Read full text
Authors: Santiago Santos
Cited by: 0

Abstract

Chego a Muros unha fermosa mañá de Xaneiro, batendo o suloeste, e con boubella.En Anido, logo dalgunhas voltas sen resultado, pregunto nunha cafetería onde o video anda a reproduci-las imaxes dunha voda se me saben dar razón de Confeccións Muradana, s.coop.lda., e xusto enfronte sinalanme unha nave de cen metros cadrados que recibe luz do Norte.Alí pregunto por dona Socorro Formoso, presidenta de UGACOTA-SECTOR TEXTIL.P-Nos últimos anos houbo unha intensa actividade na creación de cooperativas textís de traballo asociado en Galicia.Máis de duascentas empresas e arredor de 3.000 socias traballadoras.¿Cómo se explica ista actividade?.Socorro Formoso-A presentación que se fixo da confección como un traballo fácil, con mercado.Asegurábase unha continuidade.Non era un proxecto a curto prazo,... Para as xoves ou mulleres en paro era unha alternativa.Só na zona do Barbanza e Corcubión formáronse nos tres últimos anos 16 cooperativas da confección con aproximadamente 320 socias.P-Con todo, houbo moitos abandonos.Vós mesmas empezáchedes como 25 socias no 88 e á volta de menos dun ano erades 17 .S-Producironse algúns abandonos cando o primeiro desembolso importante de diñeiro para o pagamento da maquinaria.P-Logo desvinculáchesdesvos dos grupos que animaran a vosa creación.S-Desvinculámonos do Padre Xurxo debido a que topamos excesiva a cantidade solicitada polos servicios que nos oferecía.Mantivemos durante algún tempo certas relacións e demandamos algúns consellos e gratos intercambios.Hoxe en día non mantemos relación algunha.P-Recentemente, e a propósito da creación da UNION que presides, saltóu á prensa e máis a outros medios un agudo conflicto entre cooperativas, e graves acusacións públicas contra o padre Xurxo, que tanto influira na creación distas empresas.S-Teño referencias, sí, de oidas.Foi un conflicto por desconfianza princi-

Fields of Study & Subjects

Cooperative Studies and Economics Software Engineering and Design Patterns Social Sciences and Policies

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
1
Pages
15–16
Publication date
3 February 2026