Principios cooperativos e empresa cooperativa
Abstract
1. Os antecedentes lexislativos.Os chamados "principios cooperativos" teñen xogado sempre un importante papel na identificación da sociedade cooperativa, ata o punto de constituiren as señas de identidade desta clase de empresa.Pero a súa función trascende ademais O caracter meramente ideolóxico ou metafísico dende o momento que o lexislador traduce o seu contido en técnica organizativa de obrigado cumprimento.En efecto, é ben coñecido o feito de que estes principios foron as Ideas-guía que empurraron ós primeiros apóstolos do cooperativismo, a forza que os mantivo en pé en circunstancias adversas ou non sempre favorables.Cómpre salientar que a aparición da Cooperativa é un fenómeno social espontáneo, marxinal fronte á legalidade e ante as formas clásicas das sociedades mercantís.nas que se produce ben cedo o recoñecemento legal da súa realidade (cando non son unha pura e simple creación da Lei).Neste contexto é doado imaxinala importancia da formulación duns "principios" inspiradores que puideran, incluso erguerse como bandeira.Esta función individualizadora dos principios cooperativos fará que, máis tarde, cando o Estado recoñeza a Cooperativa incorporándoa ao catálogo de figuras legais, poidan serviren de eixos conceptuais nos que descanse a lexislación cooperativa.Precisamente ese rol aglutinante tivo tanta máis importancia canto que os Códigos e leis mercantís, as normas regulamentadores do estatuto do protagonista da actividade económica, é dicir, do comerciante ou empresario, 1enoraban a cooperativa: "como no es el afán de lucro el que impulsa el movimiento cooperativo, no pueden tampoco reputarse como mercantiles estas sociedades.mientras no resulte claramente de sus estatutos o del ejercicio habitual de algunos actos de comercio.
Fields of Study & Subjects
Cooperative Studies and Economics
Social and Economic Solidarity
Finance
Taxation
and Governance
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 1
- Pages
- 25–33
- Publication date
- 3 February 2026
- Language
- ES