O asociacionismo cultural galego: unha breve análise sobre a súa situación financieira, infraestructural e patrimonial

Read full text
Authors: José Antonio Caride Gómez, Pablo Meira Cartea, Agustín Requejo Osorio
Cited by: 0

Abstract

O proxecto "Mapa Cultural de Galicia", iniciativa da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, establecía entre as súas motivacións e obxectivos fundamentais o coñecemento do asociacionismo cultural na Comunidade Autónoma, aportando referentes sobre a súa actualidade, realidades, problemática e expectativas de futuro.En conxunto, os seus resultados deberán servir de inspiración para un proceso máis participativo, vivo e activo do desenvolvemento cultural do país.A súa segunda fase de realización, logo dunha primeira de sistematización e valoración das informacións socio-culturais que atinxen ás realidades municipais, pretendía contribuir a facer unha análise diagnóstica do estado actual do asociacionismo cultural galego, a partir da percepción que as propias asociacións teñen sobre as distintas situacións que o afectan.Con ela indagábase, ó tempo, sobre os plantexamentos, proxectos e consideracións específicas de cada Asociación Cultural no contexto da promoción e a dinamización sociocultural.

Fields of Study & Subjects

Cultural Industries and Urban Development Arts Culture and Music Studies Nonprofit Sector and Volunteering

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
1
Pages
35–42
Publication date
3 February 2026