Exame da adecuación dos programas públicos de formación ocupacional en Galicia

Read full text
Authors: Maximina Pereira Rodríguez, Trindade Villar Gutiérrez
Cited by: 0

Abstract

Faise unha descrición e unha avaliación dos problemas públicos de formación ocupacional en Galicia, tanto dos destinados a desempregados como a traballadores en activo e tamén os específicos para o sector da economía social.Incídese especialmente na inadecuación da normativa reguladora da xestión destes fondos e do procedemento burocrático que a acompaña, elementos que veñen a repercutir nunha formación as máis das veces desacertada e de mala calidade. Propóñense novas liñas de actuación en base á claridade de criterios de avaliación dos programas (con asignación de fondos en función do cumplimento de obxectivos) e á flexibilidade na asignación de partidas, para recoller novos elementos imprescindibles e complementarios da formación: concienciación sobre a súa necesidade, monitorización, axudas materiais ó autoemprego e outros.

Fields of Study & Subjects

Social Sciences and Policies Higher Education Teaching and Evaluation

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
11
Pages
3–18
Publication date
3 February 2026
Language
ES