O proxecto da cooperativa educacional da 'Terra de Trasancos'

Read full text
Authors: Manuel Rivera Iglesias
Cited by: 0

Abstract

A cooperativa educacional 'Terra de Trasancos' foi concebida coa idea básica de dar un novo paso na organización das actividades extraescolares: darlle unha estructura formal que facilite un carácter máis permanente. Pero especialmente participa duns puntos de vista pedagóxico de especial interese: preocupación por contronta-lo problema do fracaso escolar, educación en valores democráticos, de aceptación de valores mediante a acción, na construcción dunha aprendizaxe participativa, da bagaxe necesaria para a incorporación á vida laboral activa, e por fin como instrumento pedagóxico para a solidariedade e o desenvolvemento de actividades creativas (aprendizaxe significativa 'baseada na adquisición de coñecementos vinculados á resolución dos propios problemas'). Entre os obxectivos específicos están o desenvolvemento das capacidades de comunicación, dos valores cooperativos, e facilita-la integración escolar. Descríbense os procesos de creación, avaliación, análise de viabilidade, o funcionamento dos grupos de traballo e o papel do profesor-asesor.

Fields of Study & Subjects

Social Sciences and Policies Galician and Iberian cultural studies Educational Practices and Policies

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
11
Pages
81–95
Publication date
3 February 2026
Language
ES