Acto inaugural do I Congreso da Federación de Cooperativas SINERXIA

Read full text
Authors: Miguel A. Filgueira Touriño
Cited by: 0

Abstract

Presidente de Federación de Cooperativas SINERXIA Bos días señores e señoras.Hoxe é un día de grande ledicia e satisfacción para a nosa Federación de Cooperativas, en primeiro lugar, por contar coa presencia do Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, D. Xesús Palmou Lorenzo, do Director Xeral de Formación e Emprego, D. Xaime López Cossío e coa Subdirectora Xeral de Relacións Laborais, Dna.M* Xosé Cimadevila Cea.En segundo lugar, pola extraordinaria resposta dos socios e socias das cooperativas asociadas a SINERXIA para asistir a este evento que nos anima a continuar loitando e aportando ideas no complicado pero prometedor mundo do cooperativismo en Galicia.:En primeiro lugar, quixera solicitar á Xunta de Galicia, na parte que lle corresponda, a presencia de SINERXIA como entidade representativa do sector cooperativo galego, en todos aqueles debates e foros onde se traten temas relacionados directamente ou indirectamente coa Economía Social.Neste senso e tendo en conta que nos atopamos inmersos no proceso de elaboración da Lei de Cooperativas de Galicia, quixeramos animar á Xunta de Galicia a procurar vías para acada-lo maior consenso posible para este texto lexislativo co fin de que se adapte ás necesidades das nosas cooperativas.En segundo lugar, desde SINERXIA quixeramos solicitar Ó vindeiro goberno que se vai constituír en próximas datas, a unificación de competencias en materia de cooperativismo a través da creación dunha Dirección Xeral de Cooperativas.Cómpre seguir avanzando e mellorando as liñas de fomento da Economía Social, a través de programas de colaboración coa Administración, prácticas financeiras novidosas, etc.Ós socios e socias cooperativistas gostaría de transmitirlle non o papel marxinal das cooperativas dentro da economía galega, senón a súa importan-

Fields of Study & Subjects

Cooperative Studies and Economics Social and Economic Solidarity Social Sciences and Governance

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
17
Pages
5–10
Publication date
3 February 2026