A intercooperación como principio estratéxico nas cooperativas

Read full text
Authors: Arcadi Vilert i Soler
Cited by: 0

Abstract

Desde a experiencia vivida no movemento cooperativista catalán, o autor presenta as avantaxes da intercooperación, tanto da orientada a acadar obxectivos de tipo social, ideolóxico ou político como da orientada á mellora empresarial e económica das cooperativas. A intercooperación con obxectivos de mellora empresarial permite resolver a contradicción entre a necesidade de medranza empresarial imposta pola globalización e o aumento da competitividade no mercado, e a eficiencia dos pequenos grupos organizativos onde se acada unha maior participación e implicación dos traballadores e traballadoras. Se a estratexia de subcontratación é a propia das empresas capitalistas convencionais para superar esta contradicción, as cooperativas deberán intercooperaren pararesolver este mesmo problema situándose en puntos de alto valor engadido. No mesmo nivel empresarial, a intercooperación dá acceso a unha maior información e anticipación ante as situacións de mercado, e por conseguinte a unha maior capacidade de adaptación. O autor sinala tamén as principais dificultades nos procesos de intercooperación: problemas inherentes ó liderato, disciplina do grupo e “medo a velocidade”. A intercooperación con obxectivos sociais e políticos estímase como estratexia fundamental para a defensa dos dereitos das cooperativas e a proxección da fórmula e os valores cooperativos cara ó exterior.

Fields of Study & Subjects

Cooperative Studies and Economics Finance Taxation and Governance

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
17
Pages
25–40
Publication date
3 February 2026
Language
ES