Mesa redonda sobre a eficiencia empresarial nas cooperativas
Abstract
Expóñense diferentes cuestións en torno á eficiencia empresarial das cooperativas. Dunha banda, en relación á organización social e productiva, sinálase: a adecuación do modelo de xestión democrática inherente ás cooperativas para a incorporación das “novas formas de organización do traballo”; b) a existencia de culturas organizativas diferenciadas que, nalgúns casos, poden ser o factor determinanrte do fracaso dunha cooperativa; c) as formas de intervención técnica para acadar cambios sobre estes modelos. En relación ás etapas polas que decorre a organización cooperativa, sinálase a importancia inicial de acadar fontes de financiamento e apúntanse cinco factores fundamentais para o desenvolvemento da empresa: coesión da equipa humana, atención ó producto-servicio, saber medrar, atender ó mercado e coida-lo financiamento. Desde a experiencia do cooperativismo agrario sinálase a necesidade de mante-la competitividade no mercado e apúntase á dimensión da cooperativa coma factor clave. Entre as estratexias de medranza ou redimensionamento sinálase moi centralmente a intercooperación económica, social e intersectorial. Ábrese un debate sobre a relación entre obxectivos sociais e eficiencia empresarial nas cooperativas.
Fields of Study & Subjects
Cooperative Studies and Economics
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 17
- Pages
- 47–56
- Publication date
- 3 February 2026
- Language
- ES