A investigación-acción participativa nas ciencias sociais
Abstract
Neste traballo preséntase unha panorámica da investigación-acción participativa, dende as súas orixes ata a actualidade. Parte dunha análise da investigación-acción, incluindo a súa evolución, características e modalidades actuais (técnica, práctica e crítica). A continuación explórase o concepto de colaboración e os modelos de relacións que se poden establecer entre os membros do equipo investigador. Con estes antecedentes sitúase a investigación-acción participativa, que se concibe como unha investigación sobre, en, e para a práctica, tendo como propósitos fundamentais a conquista do benestar e dos dereitos socio-políticos para todos e todas, na procura dun contexto social máis xusto e democrático. Ofrécese un marco ilustrativo dos procesos de investigación participativa, cunha énfase especial nas cuestións de validez. Finaliza o traballo facendo unha reflexión sobre o futuro, resaltando algunhas das actuais ameazas de domesticación, aínda que debuxando unha imaxe esperanzadora para a teoría social da resistencia.
Fields of Study & Subjects
Social Sciences and Policies
Educational Practices and Policies
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 19
- Pages
- 79–91
- Publication date
- 3 February 2026
- Language
- ES