A investigación-acción participativa na nova economía social. Análise dunha experiencia de promoción de empresas de inserción social en Asturias

Read full text
Authors: Jorge Coque Martínez, Edmundo Pérez Fernández
Cited by: 0

Abstract

Estúdiase o papel da Investigación Acción Participativa (IAP) no deseño e execución de proxectos no ámbito das Empresas de Inserción Social (EIS), centrándonos naquelas caracterizadas por unha xestión participativa con permanencia das personas a longo prazo. Nelas resulta especialmente natural o enfoque IAP, seguindo o cal se propón un esquema para deseñar proxectos de promoción. Analízase o Fénix (proxecto con financiamento do Programa HORIZON do Fondo Social Europeo). Propóñense algunhas recomendacións xerais para o deseño deste tipo de proxectos cunha base participativa, destacando a identificación dos beneficiarios co seu proxecto de inserción xa desde o deseño, proceso dinámico mediante o cal se fan explícitas necesidades e habilidades persoais e se camiña cara a cohesión grupal.

Fields of Study & Subjects

Social Sciences and Policies Social Sciences and Governance Social and Economic Solidarity

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
19
Pages
127–146
Publication date
3 February 2026