Entrevista con Raúl Fraga Mascato. Presidente de AMEGROVE, Sociedade Cooperativa de Productores de Mexilón
Abstract
COOPERATIVA DE PRODUCTORES DE MEXILON *AMEGROVE é sen dúbida o mellor exemplo das singulares posibilidades que ofrece a acuicultura mariña en Galicia para funcionar empresarialmente, dar rendementos económicos e proxectar un modelo organizativo a todo o sector.O cultivo do mexilón comeza en Galicia a mediados dos anos 40 e despois dunha historia azarosa e ateigada de crises, constitúe hoxendía o sector acuícola con mellores perspectivas de futuro, non só de desenvolvemento interno, senon tamén coa posibilidade de integrar a medio prazo o proceso completo a amplia-la súa actividade ó sector da elaboración.P -Imos facer un pouco de historia, ¿cáles podemos considerar as orixes de AMEGROVE?R -AMEGROVE nace formalmente en 1976.Dende tempo atrás había problemas de diversificación da oferta, de cultivo, de individualismo, de indefensión total perante os compradores e a Administración.Varios de nós xa viñamos falando de asociarmonos dalgún xeito, pero o detonante aparece no 76, a raíz da crise das toxinas, da marea vermella, que xa a houbera outros anos, pero ese ano foi a primeira vez que saíu na prensa, cairon os prezos e ninguén quería
Fields of Study & Subjects
Cooperative Studies and Economics
Marine Bivalve and Aquaculture Studies
Fisheries and Aquaculture Studies
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 2
- Pages
- 23–24
- Publication date
- 3 February 2026