Entrevista con Alfredo Fernández Prieto, Presidente do Consello Rector da Cooperativa Galega de Criadores de Rodaballo, S. Coop. Ltda.

Read full text
Authors: Editor
Cited by: 0

Abstract

Son atendido nas instalacións de INSUIÑA S.A., a granxa mariña de cultivo de rodaballo da que é director asociado don Alfredo Fernández Prieto, que, dende aqueles primeiros setenta onde o cobizoso deseño do Plan Marisqueiro Galego ("de onde saíu o concepto cultiva-lo mar en Galicia"), Ó que se dedicou con gran compromiso, ata a recente constitución da Cooperativa, median preto de vinte anos de batallar por "outras formas" de vivi-lo mar, na relación co medio e tamén na relación cos homes.P -¿Pódenos falar das orixes do cultivo do rodaballo en Galicia?O cultivo do rodaballo en Galicia ten aproximadamente 8-9 anos, e comezamos dende esta empresa, Insuiña, poisfomos dos primeiros.Xuntámonos tres socios -un biólogo que tiña moi serios coñecementos do rodaballo; un empresario que proviña das granxas de polos; e eu, que traballaba na Consellería de Pesca, hai oito anos.Visitamos todo o que se está a facer co rodaballo en Europa e montamos esta empresa.Arrancamos cun acordo coa Consellería de Pesca: teríamos un primeiro ano de experiencias no Centro Experimental de Vilaxoán -experiencia que fixo o propio biólogo-e a partir de aquí comprobamos unhas cantas dúbidas que tiñamos e xa construimos esta primeira nave, e hai sete anos producímo-la primeira tonelada de rodaballo de Galicia.Hai que facer dúas mencións de honradez: TINAMENOR, empresa de cultivos mariños de Santander, que traballaba xa daquela en cuestión de crias e alevinaxe, e en Galicia había outra empresa dun gran valor histórico, inda que hoxe desapareceu: FINISTERRE MAR, de Muxía, e o biólogo Antonio Pallarés, que tamén fixera algunhas cousas relativas ó rodaballo, pero máis ben se guiarán cara os alevíns e a cría.Nós démolo paso dende os alevíns (primeira fase) e fomos ás toneladas.Cremos que de alí arrancou -e nos axudamos a que arrancara-unha industria con 21 empresas en Galicia e unha capacidade productiva instalada que ronda as 3.000 -3.500 Tm. neste momento.

Fields of Study & Subjects

Marine Bivalve and Aquaculture Studies Fisheries and Aquaculture Studies Food Industry and Aquatic Biology

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
2
Pages
37–46
Publication date
3 February 2026