Posición do Sindicato Labrego Galego respecto do acordo de Guísamo
Abstract
Secretaria Portavoz do Sindicato Labrego Galego -Comisións Labregas 1.-A crise do Agro Galego.a) O leite.b) A carne.c) O fracaso das produccións alternativas -2.-0O acordo de Guísamo.-3.-0 momento presente.a) O papel das multinacionais.b) Fenil contra Larsa.c) Postura das administracións.-4.-As nosas alternativas.1.-A CRISE NO AGRO GALEGO.a) O LEITE.Para comprender a situación de crise que está atravesando na actualidade o agro galego témonos que remontar inevitablemente ó feito da entrada do Estado Español na Comunidade Económica Europea.Efectivamente a entrada deuse porque ás multinacionais da CEE interesábanlle os nosos mercados e a partir de aía aplicación das medidas da Política Agraria Común levannos sempre ó mesmo fin: A RECONVERSIÓN DO AGRO GALEGO.Galicia a partir dos anos 60 especialízase na gandeiría.Pero a imposición da limitación da producción en plena expansión, coas explotacións endebedadas por mor dos fortes investimentos acometidos polas mesmas, recibímolo o primeiro "golpe"e os labregos quedamos perplexos e sen poder comprender por que se nos intentaba aplicar unha cuota de producción para reducir uns excedentes dos cales nós non éramos nin somos en absoluto responsables.Tratábase da primeira xogada da política agraria común destinada a acabar coa puxanza do sector lácteo galego para beneficio de intereses alleos.Os labregos así o entendemos e fomos capaces de organizármonos e do mobilizarnos para facerlle fronte a esta agresión.Froito daquela organización e daquela loita, chégase en Galicia a asinar un acordo entre as industrias galegas (grupo LARSA en representación da Federación de Industrias Lácteas de Galicia) e os productores.Era o primeiro acordo desta envergadura que se producía en Galicia e incluso fomos os únicos no Estado capaces de chegar a conquerirlo.Acordo que por outra parte se viña (*) Recibido o 23 de Xuño de 1990.
Fields of Study & Subjects
Galician and Iberian cultural studies
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 2
- Pages
- 63–69
- Publication date
- 3 February 2026
- Language
- ES