As cooperativas de crédito, a súa configuración na Lei 1/1982 do 11 de febreiro do Parlamento Vasco, a experiencia 'Mondragón'
Abstract
A través da Lei 11/1982 do Parlamento Vasco procedeuse a regula-la actividade da totalidade das cooperativas con domicilio social na Comunidade Autónoma no País Vasco, con independencia do seu ámbito territorial de actuación.A devandita Lei promúlgase en exercicio das facultades que con carácter de competencia exclusiva se contemplan no apartado 23 do artígo 10 da Lei Orgánica 3/1979, do 18 de decembro, do Estatuto de Autonomía para o País Vasco.Tal e como se recolle na propia Exposición de Motivos da Lei, o fenómeno cooperativo non é alleo ó pobo vasco, xa que ó longo da súa historia diversas actividades económicas desenvolvéronse en réxime de cooperación, dende os traballos veciñais en común, ás actuais confrarias de pescadores ou o aproveitamento de terras comunais.A revolución industrial reduciu considerablemente tales prácticas surxindo novos exemplos de actividades económicas emprendidas en réxime de cooperación, deste xeito as cooperativas de consumo, anteriores a 1936 da bisbarra do Gran Bilbao, mesmo cooperativas de Promoción Industrial como a eibarresa Alfa.A experiencia vasca de cooperativismo máis recente fundaméntase baásicamente no modelo cooperativo surxido en Mondragón.O lexislador autonómico pretendeu adecuarse no posible á Lexislación Europea de Cooperativas configurada polo proxecto de sociedades cooperativas europeas presentado polas cooperativas agrícolas a través do Comité Xeral de Cooperación Agrícola da Comunidade Económica Europea (COGECA,), e polas cooperativas de consumo, a través da Comunidade Europea de Cooperativas de (*) Recibido o 3 de Xullo de 1990.
Fields of Study & Subjects
Cooperative Studies and Economics
Family Business Performance and Succession
Finance
Taxation
and Governance
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 2
- Pages
- 75–80
- Publication date
- 3 February 2026
- Language
- GL