Editorial
Abstract
Cómprenos dicir que algunhas das tarefas que nos tiñamos proposto hai pouco máis de un ano fóronse conseguindo.Temos hoxe un ficheiro bastante actualizado do cooperativismo en Galicia, a partir do que facemos hoxe unha primeira aproximación a grandes rasgos ó mundo cooperativo galego.Continua--lo traballo de recollida de datos, segundo as nosas prioridades, debe atender xa a outros obxectivos: Algúns estudios sectoriais (foi aprobada xa a financiación dun proxecto de estudio do sector cooperativo na confección, a súa viabilidade e o seu futuro, segundo foi proposto no número anterior, e matinamos na cuestión da financiación da Economía Social: de como a Economía Social galega pode atraer nos próximos cinco anos os volumes de capital que precisa para acada-las súas finalidades máis perentorias), e a documentación sobre outras empresas e asociacións da Economía Social (as Sociedades Anónimas Laborais, as Sociedades Agrarias de Transformación, as Xuntas de Montes serán os próximos pasos),
Fields of Study & Subjects
Cooperative Studies and Economics
Social and Economic Solidarity
Social Sciences and Governance
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 2
- Pages
- 1–2
- Publication date
- 3 February 2026