Anotación á Lei 18/2002, do 5 de xullo, de Cooperativas de Cataluña
Abstract
Julio COSTAS COMESAÑA Transcorridos 10 anos dende a aprobación do Decreto Lexislativo 1/1992, de 10 de febreiro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Cooperativas de Cataluña, o lexislador catalán considerou necesario elaborar unha nova Lei que, atendendo ás peticións formuladas polo movemento cooperativo catalán, tenta dar unha resposta adecuada os cambios tecnolóxicos, económicos e socias desta última década.As razóns Ou intereses que motivan a promulgación da Lei 18/2002, do 5 de xullo, de Cooperativas de Cataluña, aparecen enunciadas na Exposición de Motivos e son: a) a potenciación das pequenas e medianas cooperativas; b) proporcionarlle ás cooperativas catalanas instrumentos de xestión máis válidos e eficaces para competir nun entorno cada vez máis competitivo no ámbito dun Mercado Único de 25 Estados; c) o fomento das cooperativas como fórmula de inserción social e laboral da persoas; e d) a creación de emprego estable e o progreso nas zonas rurais
Fields of Study & Subjects
Cooperative Studies and Economics
Labor Law and Work Dynamics
Banking Systems and Strategies
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 25
- Pages
- 143–147
- Publication date
- 4 February 2026