Árbore: sooperativa de consumo consciente
Abstract
Consello Rector Introducción Esta aportación á Revista Cooperativismo e Economía Social pretende achegar Óó público en xeral unha información clara da dirección que, asemblea a asemblea, foi tomando a cooperativa, de cales son as súas razóns, fins e medios.Neste artigo faremos un repaso xeral á tenda, pero tede en conta que quen queira poñer un gran de area pode facelo e quen queira poñer unha morea tamén.Aínda que poida ser un pouco longo, a súa lectura vaiche aclarar muitas dúbidas e vainos ser moi útil.A Asociación ARBORE renace en agosto do 2000, froito da unión dunha veintena de persoas que andaban á procura dun lugar onde poder recibir productos biolóxicos frescos e envasados, así como de comercio xusto.Logo dun par de meses de busca, ábrese en setembro un centro distribuidor para socias e socios na rúa Arquitecto Pérez Bellas, lugar que, aínda non sendo o mellor por localización, foi o máis axeitado ó momento.Pasados uns meses de asentamento, coa chegada do novo milenio, dase un relanzamento social e económico, experimentando un medre en soci(Ws e mercado espectacular, chegando a fins de abril a 57 persoas (familias en sentido amplio) e medrando nun 62% o volume de mercadorías movidas.Adóptase entón, nunha asemblea xeral extraordinaria, a decisión unánime de constituirse en cooperativa e iniciar os trámites no momento no que se chegue ó capital social mínimo (500.000Ptas).Isto supón un avance na profesionalización dos servicios e un aumento considerable das compras para abastecer a tenda.
Fields of Study & Subjects
Cooperative Studies and Economics
Social and Economic Solidarity
Organic Food and Agriculture
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 25
- Pages
- 259–271
- Publication date
- 4 February 2026