Aprobado o Regulamento de Organización e Funcionamento do Rexistro de Cooperativas de A Rioxa

Read full text
Authors: Rafael García Pérez
Cited by: 0

Abstract

e Funcionamento do Rexistro de Cooperativas de A Rioxa (Decreto 18/2003, de 7 de maio; BO.A Rioxa de 10 de maio de 2003, núm.58, p. 2311; rect.BO A Rioxa de 28 de xuño de 2003, núm.80, p. 3171; entrada en vigor ó mes da súa publicación no Boletín Oficial de A Rioxa).O Rexistro configúrase, segundo a Exposición de Motivos do Decreto, como un servicio administrativo de carácter público e gratuíto-adscrito á Dirección Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Facenda e Economíaque ten a finalidade de garantir, mediante a publicidade e legalidade da constitución das cooperativas e dos seus actos, a seguridade xurídica destas sociedades e de terceiros interesados.O Rexistro é competente para realiza-las funcións que lle atribúe a Lei de Cooperativas de A Rioxa respecto ás sociedades e asociacións cooperativas que, tendo establecido o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de A Rioxa, realicen principalmente a súa actividade cooperativizada dentro do seu ámbito territorial.Por actividade cooperativizada enténdese a resultante das operacións realizadas polas entidades cooperativas cos seus socios.A actividade cooperativizada considerarase desenvolta principalmente na Comunidade Autónoma de A Rioxa cando resulte ser superior á realizada no conxunto dos demais territorios (artigo 2 do Regulamento).As funcións principais do Rexistro son: a) cualificar, inscribir e certificar os actos que deban acceder ó mesmo; b) dilixenciar e legaliza-los libros

Fields of Study & Subjects

Cooperative Studies and Economics Labor Law and Work Dynamics Administrative Law and Governance

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
26
Pages
183–186
Publication date
3 February 2026