Efectos da baixa voluntaria do socio (prodúcense automáticamente dende a data na que éste comunica á cooperativa a súa vontade neste sentido. Comentario á sentencia da Audiencia Provincial de Segovia, núm. 199/2003, de 30 de outubro)

Read full text
Authors: Xacobo Izquierdo Alonso
Cited by: 0

Abstract

de 30 de outubro) Xacobo IZQUIERDO ALONSO Resumo D. J.C. demandou á Sociedade Cooperativa del Campo exercitando unha acción impugnatoria de sanción que sería desestimada en primeira instancia en sentencia de 16 de outubro de 2003, contra a que formularía recurso de apelación ante a Audiencia Provincial en razón aos seguintes motivos: por aplicación indebida do art.17 da Lei vixente de Cooperativas (a de 1999); por aplicación indebida do dereito de defensa no procedimiento sancionador; por erro na apreciación do incumprimento de entrega da colleita, por erro ao confundir o Xulgador de instancia indemnización con sanción; por prescripción da infracción.A Audiencia estimaría o recurso de apelación revocando a sentencia do Xulgado de Primeira Instancia e decretando a nulidade da sanción que lle fora imposta ao recurrente polo Consello Rector da entidade demandada.O razonamento da Audiencia centrase na cuestión principal debatida, da cal resolución van depender as demais, que é a da valoración da petición de baixa voluntaria coma membro de Sociedade cooperativa, así coma na ubicación temporal da devandita petición de baixa.

Fields of Study & Subjects

Cooperative Studies and Economics Labor Law and Work Dynamics Legal Cases and Commentary

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
26
Pages
193–197
Publication date
3 February 2026