O Libro Branco do cooperativismo en Galicia
Abstract
Os días 12 e 13 do pasado mes de decembro, no marco do 3" Congreso galego de Cooperativas, que xirou baixo o lema O Libro Branco: un impulso para o futuro, foi presentado o resultado dun traballo que consistiu na realización dun informe raíz sobre a situación do cooperativismo en Galicia.Nesta cita congresual, despois do debate e toma en consideración da proposta de Libro Branco e incorporadas aquelas achegas que así se consideraron o resultado é agora un traballo de investigación e análise que nos permite contar por vez primeira cunha diagnose completa do movemento cooperativo na nosa Comunidade.Na elaboración deste traballo contouse coa participación dun amplo grupo de persoas conformado por técnicos da Dirección Xeral de Relacións Laborais, en concreto da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, doutras Consellerías, da Universidade e, coas propias cooperativas así como con representantes destacados das organizacións representativas do mundo cooperativo, ademais de expertos en áreas de especial relevancia para a implantación da fórmula cooperativa, como a agricultura, o mar ou OS Servizos socials.
Fields of Study & Subjects
Cooperative Studies and Economics
Social and Economic Solidarity
Banking Systems and Strategies
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 26
- Pages
- 231–235
- Publication date
- 3 February 2026