Transmisión de empresa en crise e constitución dunha sociedade laboral

Read full text
Authors: Emma Rodríguez Rodríguez
Cited by: 0

Abstract

A sucesión de empresa inter vivos regúlase no Estatuto dos Traballadores no artigo 44 o cal foi modificado pola Lei 12/2001, de 9 de xulio, de medidas urxentes de reforma do mercado de traballo para o incremento do emprego e a mellora da súa calidade.Esta Lei pretende adaptar o artigo 44 ET á Directiva 2001/23/CE, de 12 de marzo, relativa ó mantemento dos dereitos dos traballadores no caso de traspasos de empresas, de centros de actividade ou de partes de empresas ou de centros de actividade.O parágrafo primeiro do artigo 44 sinala co cambio de titularidade non implica de por si a extinción dos contratos de traballo e supón a subrogación empresarial "nos dereitos e obrigacións laborais e de Seguridade Social do anterior, incluíndo os compromisos de pensións nos termos previstos na súa normativa específica, e, en xeral, cantas obrigacións en materia de protección social complementaria adquirira o cedente".Polo tanto este suposto abarca tanto o cambio de persoa física a persoa xurídica como calquera transformación de sociedades e o arrendamento ou traspaso!.En relación cá previsión do artigo 44 sobre que o cambio de titularidade non extingue por sí a relación laboral hai que dicir que significa que tal extinción non pode fundamentarse nesa circunstancia si ben é posibel a existencia doutras causas de extinción.Así, o empresario antes ou despois

Fields of Study & Subjects

Labor Law and Work Dynamics Legal and Labor Studies Human Rights and Immigration

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
26
Pages
259–267
Publication date
3 February 2026