O novo réxime xurídico das subvencións públicas
Abstract
As nosas Cortes Xerais aprobaron o 17 de novembro de 2003 a Lei 38/2003, Xeral de Subvencións -en adiante LXS-, que foi publicada no BOE do día seguinte e entrou en vigor o 18 de febreiro do presente ano 2004, Esta Lei constitúe unha novidade moi importante dentro do noso ordenamento xurídico, xa que se regula, por primeira vez e nunha norma de carácter xeral, con vocación de permanencia e integridade normativa, a relación xurídica subvencional e os principais procedementos administrativos referidos a mesma, a saber: a concesión, xestión, reintegro, control financieiro e o procedemento sancionador destas axudas de carácter público.Motivo polo cal podemos dicir que queda delimitado nunha norma con rango legal o proceso de xestión, no senso máis amplo da expresión, das subvencións públicas.No contido normativo da LXS incorpóranse algúns aspectos que se referían ás subvencións incluídos no texto refundido da anterior Lei Xeral Orzamentaria e nas normas de carácter regulamentario reguladoras dos procedementos relativos ás mesmas!, se ben as modificacións introducidas son relevantes.l Artigos 81 e 82 do Real Decreto Lexislativo 1091/1988, de setembro, polo que se aproba o texto refundido da anterior Lei Xeral Orzamentaria, Decreto 2784/1964, de 27 de xullo, sobre xustificación de subvencións concedidas con cargo ós Orzamentos Xerais do Estado e das entidades estatais autónomas, Real Decreto 2225/1993, de 17 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de procedemento para a concesión das subvencións públicas e o
Fields of Study & Subjects
Administrative Law and Governance
EU Law and Policy Analysis
Legal and Constitutional Studies
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 26
- Pages
- 271–280
- Publication date
- 3 February 2026