Recensións
Abstract
Recollen-se neste volume, as ponencias saídas do "II Coloquio Ibérico de Cooperativismo y Economía Social", organizado por CIRIEC-España, a Rede Portuguesa de Formagao para o Terceiro Sector e o INSCOOP, e do que o cerne dos temas a tratar foi o que lle da título ao libro.Trátanse logo cuestións relativas a integración empresarial, fenómeno que no marco da actual economía as cooperativas no poden -nin deben-permanecer alleas, o cal non tería que levar necesariamente a unha perda da súa individualidade característica.Os contidos, xa que logo, son os proprios desta temática: cooperativas de segundo grao, grupos empresariais cooperativos, fusións de sociedades e sociedade cooperativa europea, atendendo tamén aos aspectos fiscais da integración cooperativa, cunha parte final adicada a exposición de distintas experiencias de integración cooperativa ou de grupos de Economía Social (COOPLISBOA e FENACOOP, Ruralcaja, Anecoop, ONCE, Mondragón e outros).Ademais dos distintos enfoques con que estas cuestións apreséntanse, correspondente a variada orixe disciplinar, teórica ou práctica, dos ponentes, a lectura ou consulta destes textos ten o interese engadido de amosa-las de xeito paralelo en relación aos autores e cadros económico-xurídicos españois e portugueses, o que resulta finalmente, de certo, ben enriquecedor.
Fields of Study & Subjects
Cooperative Studies and Economics
Social and Economic Solidarity
Banking Systems and Strategies
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 26
- Pages
- 317–323
- Publication date
- 3 February 2026