O novo marco xurídico de protección patrimonial e fiscal das persoas minusválidads
Abstract
O pasado 19 de novembro publicouse no B.O.E. a Lei 41/2003, de 18 de novembro, de protección patrimonial das persoas con minusvalía e de modificación do Código Civil, da Lei de Axuizamento Civil e da normativa tributaria con esta finalidade (en diante, LPPD).A finalidade desta Lei é a de regular unha serie de instrumentos xurídicos que coadxuven a proporcionarlle á persoa minusválida unha digna atención asistencial e económica, aínda que coa particularidade de que na práctica tales mecanismos só actuarán cando o propio interesado ou a súa familia así o decidan.É dicir, a Lei non arbitra ningún tipo de medida intervencionista en relación cos posibles servizos públicos dirixidos ao minusválido senón que, pola contra, pretende potenciar a iniciativa deste último ou dos seus familiares máis directos na creación dunha masa patrimonial suficiente que cubra as súas futuras necesidades vitais.Por iso, a institución máis novidosa que crea a LPPD é a do "patrimonio protexido" da persoa minusválida.Neste sentido, a Exposición de Motivos da Lei parte da premisa de que, na sociedade actual, a supervivencia de moitos minusválidos aos seus proxenitores fai aconsellable que a asistencia económica aos primeiros non dependa exclusivamente dos fondos públicos do Estado ou dos recursos da súa familia, senón que é necesario garantir o seu benestar social con outros recursos propios que lle permitan custear os gastos que deba afrontar no futuro.
Fields of Study & Subjects
Disability Rights and Representation
Family and Matrimonial Law
Legal principles and applications
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 26
- Pages
- 299–309
- Publication date
- 3 February 2026