A regulación galega dos procedementos de conciliación e arbitraxe cooperativa
Abstract
BOTANA AGRA 1.-Limiar.No seu título IV, adicado ás Asociacións e Representación Cooperativa, a Lei de Cooperativas de Galicia (LCG) (Lei 5/1998) destina o capítulo II ao Consello Galego de Cooperativas (COGACO), ó que define como o máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo na Comunidade Autónoma (art.135.1); e entre as funcións que lle atribúe, asígnalle expresamente a de "conciliar e exerce-la arbitraxe nas cuestións litixiosas que se susciten entre cooperativas, entre estas e os seus socios, ou no seo delas entre os seus socios, cando ámbalas partes o soliciten ou ben estean obrigadas a iso en razón do establecido nos seus estatutos" (art.135.2,£)).Esta función reitérase tamén no artigo 3*.1,f) do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas (DOG,n" 27,do 7.2.2002).Pois ben, como peza instrumental para a realización e posta en marcha da mencionada función do COGACO, o Decreto 248/2004, do 14 de outubro (DOG, n* 211, do 29.10.2004)aprobou a regulación dos procedementos de conciliación e arbitraxe cooperativa.Segundo o preámbulo deste
Fields of Study & Subjects
Dispute Resolution and Class Actions
Cooperative Studies and Economics
Legal and Labor Studies
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 27
- Pages
- 193–200
- Publication date
- 3 February 2026