Regulación do Consello Superior Rexional para o Fomento do Cooperativismo de Castela e León

Read full text
Authors: María Luisa Cabello López
Cited by: 0

Abstract

A Lei 4/2002, de 11 de abril, de cooperativas de Castela e León (Boletín Oficial de Castela e León de 26 de abril) configúrase coma o instrumento necesario para a ordenación da manifestación empresarial cooperativa no territorio correspondente a dita Comunidade.Nesta liña, o Capítulo II do seu Título IV ("Do asociacionismo cooperativo") dedícase ó "Consello Superior Rexional para o Fomento do Cooperativismo" (artigos 145 a 147).Logo de dispor no artigo 145 a creación do mesmo como órgano consultivo e asesor da Administración Autónoma para as actividades desta relacionadas co cooperativismo, realizando á súa vez tarefas de colaboración e coordinación entre o movemento asociativo e a Administración Rexional, o artigo 147.2 establece que a organización e funcionamento deste Consello contemplarase regulamentariamente.Así mesmo a disposición derradeira primeira desta Lei autoriza á Xunta de Castela e León, a proposta da Consellería competente en materia laboral, para desenvolver cantas normas regulamentarias veñan impostas pola entrada en vigor da mesma.Consecuentemente, a Xunta de Castela e León, a proposta do Conselleiro de Economía e Emprego, consultadas as entidades asociativas máis representativas de cooperativas de Castela e León e o Consello Económico e Social de Castela e León, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Castela e León e previa deliberación do Consello de Goberno, aprobou o Decreto 104/2004, de 23 de setembro, polo que se regula a organización e o funcionamento do Consello Superior Rexional para o Fomento do Cooperativismo de Castela e León (Boletín Oficial de Castela e León de 29 de setembro).Consta este Decreto dunha breve expo-

Fields of Study & Subjects

Cooperative Studies and Economics Labor Law and Work Dynamics Banking Systems and Strategies

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
27
Pages
209–215
Publication date
3 February 2026