Nulidade do acordo de expulsión do socio por formular críticas ao Consello Rector no exercicio do dereito de voz na asemblea xeral

Read full text
Authors: Julio Costas Comesaña
Cited by: 0

Abstract

Julio COSTAS COMESAÑA O Consello Rector da Bodega "El Arca de Noé, Sociedad Cooperativa" acordou incoar contra dun socio expediente sancionador, por haber utilizado o seu dereito de voz na Asemblea Xeral da Cooperativa para critica-la actuación do Consello Rector, rexeita-la xestión realizada e imputar determinadas conductas ós xestores e representantes da cooperativa, o que o xuízo do instructor constituía unha falta disciplinaria moi grave, merecedora da sanción de expulsión do socio da cooperativa; sanción que efectivamente é acordada polo Consello Rector e ratificada logo pola Asemblea Xeral da Cooperativa rioxana.Consonte ó prescrito pola Lei 4/2001, do 2 de xullo, de Cooperativas de A Rioxa, (LCR en adiante; Lei aplicable ao caso segundo se desprende da sentenza de apelación) no art.28.5, o socio expulsado interpuxo dentro do prazo de dous meses contados dende a notificación da resolución de expulsión, demanda de impugnación ante ó órgano da xurisdicción ordinaria competente.Mediante sentenza do 22 de decembro de 2003, o Xulgado de Primeira Instancia da localidade de Haro fallou estimando a demanda e declarando a nulidade do acordo de expulsión adoptado polo Consello Rector e ratificado pola Asemblea Xeral, e ordenando á cooperativa repor a0 socio no pleno goce da totalidade dos seus dereitos como socio, con expresa imposición de costas a sociedade demandada.

Fields of Study & Subjects

Cooperative Studies and Economics Labor Law and Work Dynamics Legal Cases and Commentary

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
27
Pages
221–224
Publication date
3 February 2026