Expulsión do socio traballador nas cooperativas de traballo asociado
Abstract
A denominada cooperativa de traballo asociado, consonte o artigo 1* da Lei de Cooperativas de Galiza -Lei 5/1998, de 18 de decembro!-"éunha sociedade" que ten por obxecto "a prestación de traballo dos SOCIOS, proporcionándolles emprego, para producir bens e servicios para terceiros" (artigo 104.2 do citado texto legal).Sen embargo, a pesar da natureza xurídica societaria do vínculo que une ao socio traballador coa cooperativa posto que non existe contrato de traballo entre ámbolos dous e habida conta a "exclusión constitutiva" operada pola Lei"a "impregnación xurídico-laboral" do seu réxime é moi intensa.Procede así recordar, como proba da sinalada "laboralización", que numerosas normas laborais, por disposición legal expresa", son de aplicación aos socios traballadores -por exemplo, en materia de preven-* Lei promulgada en aplicación da competencia exclusiva da Comunidade Autónoma de Galiza en materia de sociedades cooperativas, asumida logo da transferencia efetuada por Lei Orgánica 16/1995, de 27 de decembro.?LUJÁN ALCARAZ, J., destaca a opción lexislativa que representa a cualificación legal expresa da relación entre o socio traballador e a cooperativa como de natureza xurídica societaria, pondo fin deste xeito ao intenso debate doutrinal suscitado sobre a materia.Un resume destas discrepancias pode consultarse no seguinte estudio do autor: El socio traba-Jador de las cooperativas de trabajo
Fields of Study & Subjects
Labor Law and Work Dynamics
Cooperative Studies and Economics
Legal and Labor Studies
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Issue
- 27
- Pages
- 263–268
- Publication date
- 3 February 2026