As novidades fiscais estatais para o ano 2005 aplicables á economía social

Read full text
Authors: Jaime Aneiros Pereira
Cited by: 0

Abstract

Como case todos os anos, as novidades fiscais para o exercicio veñen marcadas pola aprobación das leis de presupostos e de medidas fiscais.Non obstante, en decembro do pasado ano non se aprobou a Lei de acompañamento por expreso desexo do Goberno saído das urnas nas eleccións de marzo de 2004, de modo que as únicas normas tributarias de interese para este ano 2005 se atopan na Lei 2/2004 de Presupostos Xerais do Estado.De aí que o título VI inclúa, unicamente, as disposicións de vixencia anual ás que se remiten as leis substantivas dos diferentes tributos.Polo que se refire ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, a principal medida que se adopta é a actualización das tarifas para evitar o incremento da presión fiscal, que veu supoñendo a práctica de manter constante a tarifa a pesar da elevación das rendas nominais por efecto da inflación.Ademais, para os efectos do cálculo das ganancias patrimoniais, derivadas de bens inmobles, inclúese a actualización dos coeficientes correctores do valor de adquisición ao 2%.Tamén se establecen as disposicións que permiten compensar a perda de beneficios fiscais que afectan a determinados contribuíntes coa vixente Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, como son os arrendatarios/as e adquirentes de vivenda habitual respecto aos establecidos na Lei 18/

Fields of Study & Subjects

Economic and Fiscal Studies Taxation and Legal Issues Taxation and Compliance Studies

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
27
Pages
271–275
Publication date
3 February 2026