Réxime simplificado da contabilidade aplicable ás sociedades cooperativas

Read full text
Authors: Francisco Javier López Corales
Cited by: 0

Abstract

A publicación da Lei 7/2003, de 1 de abril, da sociedade limitada Nova Empresa, que modificaba algúns artigos, en concreto, o 141 e a disposición adicional duodécima da Lei 2/1995, de 23 de marzo, de Sociedades de Responsabilidade Limitada, contemplaba a aprobación por regulamento para esta nova forma xurídica de sociedades dun novo marco contable que fose simple, comprensible, doado de empregar, flexible, o máis estandarizado posible, facilmente utilizable para os propósitos fiscais e que contivese un recoñecemento do contorno económico no que operan as empresas de reducida dimensión.A regulación que se abordaba estaba en sintonía coa cuarta directiva do Consello das Comunidades Europeas (78/660/CEE); cos pronunciamentos que no ámbito internacional realizaron determinados organismos co fin de simplificar as obrigas contables das pequenas empresas, en particular, cos pronunciamentos do ISAR (grupo de traballo intergobernamental de expertos/as en normas internacionais de contabilidade e de presentación de informes), e tamén cos traballos que, neste ámbito, está levando a cabo a Internacional Accounting Standard Boars (IASB), organismo ao que as ins-

Fields of Study & Subjects

Accounting Theory and Financial Reporting Accounting and Financial Management Cooperative Studies and Economics

Publication details

Journal / source
Cooperativismo e economía social
Issue
27
Pages
287–290
Publication date
3 February 2026