O Real Decreto-Lei 12/2012, de 30 de marzo, polo que se introducen diversas medidas tributarias e administrativas dirixidas á redución do déficit público
Abstract
MODIFICACIÓNS RELATIVAS AO IMPOSTO DE SOCIEDA-DES, EN PARTICULAR "A REPATRIACIÓN DE DIVIDENDOS".De acordo co citado RD-lei, a situación de déficit financeiro do Estado determina a concorrencia dos requisitos de extraordinaria e urxente necesidade que o artigo 86 da Constitución esixen para o emprego da figura normativa tamén extraordinaria do Decreto-lei.Coa finalidade de conseguir un incremento dos ingresos fiscais procedentes do Imposto sobre Sociedades, en particular das grandes empresas, introdúcense unha serie de medidas no mencionado imposto, algunhas de carácter temporal e outras indefinido.Nese sentido, e como medidas aplicables nos anos 2012 e 2013 limítase a dedución do fondo de comercio, tanto xerado en adquisicións de negocios, como en operacións de reestruturación empresarial.Redúcese así mesmo o límite das deducións aplicables nos referidos anos, entre as que se inclúe a dedución por reinversión de beneficios extraordinarios.O efecto negativo destas limitacións preténdese contrarrestar coa aplicación dos prazos para a aplicación das deducións pendentes en períodos impositivos futuros.Con carácter indefinido introdúcense tamén importantes medidas, entre as que destaca a cualificación como non deducibles dos gastos financeiros xerados no seo dun grupo mercantil, destinados á realización de operacións entre entidades do mesmo grupo, salvo que se trate de operacións razoables desde a perspectiva económica.Introdúcese, ademais, entre outras medidas,
Fields of Study & Subjects
Finance
Taxation
and Governance
Corporate Taxation and Avoidance
Taxation and Legal Issues
Publication details
- Journal / source
- Cooperativismo e economía social
- Publisher
- University of Vigo
- Issue
- 34
- Pages
- 149–154
- Publication date
- 3 February 2026
- Language
- GL