Os piropos online. Continuum do acoso sexual na esfera virtual

Read full text
Authors: Sabela Salgueiro Couto
Cited by: 0

Abstract

Esta investigación ten como finalidade analizar as crenzas, percepcións e comportamentos do colectivo adolescente respecto á obxectivización das mulleres a través dos piropos no ámbito dixital, analizando como se reproduce a obxectivización do corpo das mozaso nas interaccións online. A metodoloxía empregada foi cualitativa, mediante a realización de 20 grupos de discusión con 232 adolescentes (111 mozos e 121 mozas) das provincias de Ourense e Pontevedra, pertencentes a contornos urbanos e semi-rurais, o que permitiu recoller o sentir dos e das adolescentes segundo o seu sexo. Os resultados revelan que os mozos son os principais emisores dos piropos en liña, con frecuencia de contido sexual, mentres que as mozas os emiten en menor medida e dirixidos a persoas do seu círculo próximo. No relativo á recibir piropos online, case todas as rapazas recoñeceron recibir piropos en liña, xerándolles sentimentos de malestar ou medo, fronte á percepción máis positiva ou neutra dos mozos. Tamén se identificou que interaccións como likes ou emoticonas son interpretadas como piropos, reforzando a auto-obxectivización nas mozas. A principal achega deste estudo radica en visibilizar como o espazo virtual amplifica as desigualdades entre os mozos e as mozas adolescentes xa presentes na esfera offline, destacando a necesidade de promover prácticas dixitais máis igualitarias e seguras.

Fields of Study & Subjects

Gender Feminism and Media Sexuality Behavior and Technology Gender and Feminist Studies

Publication details

Journal / source
Gender on Digital Journal of Digital Feminism
Volume
3
Pages
43–52
Publication date
9 January 2026
Language
GL