Bases biolóxicas para a adopción de réximes plurianuais nos plans de xestión marisqueira.
Abstract
Para valorar a idoneidade da adopción dunha vixencia plurianual dos plans de xestión marisqueiraanalízanse as ferramentas de asesoramento á xestión, o seu grado de aplicación e o axuste dos actuaisplans de xestión ao requirimento de salvagarda da saúde dos stocks contemplados na Directiva Marcoda Estratexia Mariña.Os plantexamento actual dos plans de xestión baséase en asegurar que a biomasa estimada do stock aexplotar é suficiente para soportar o esforzo de pesca proposto como necesario para acadar osobxectivos de capturas e ingresos previstos. Sen embargo, en moitas das poboacións explotadasdacordo a un plan de xestión, nomeadamente nas de recursos específicos, non se conta con avaliaciónsdo volume de stock ou estas son deficientes. Por outra banda, o volume do stock non é un indicadorsuficiente para asegurar unha boa saúde do stock e, ademais, o esforzo proposto nos diferentes plansde xestión non evoluciona en concordancia coa variación observada nos stocks.Os plans de xestión son empregados como marcos xerais de máximos dentro dos que se moven ascompoñentes do esforzo de extracción propostas nas solicitudes de apertura mensual. Sen embargo,existen outros indicadores da saúde do stock que xunto coas avaliacións do volume do stock, ou senelas no caso dos recursos específicos, son de grande utilidade para deseñar plans de xestión máisacordes coa saúde do stock.Proponse un novo concepto de plans de xestión que contempla a inclusión de obxectivos cuantificables,niveis de referencia e indicadores para o seu seguimento. O novo deseño dos plans non so sefundamenta en si a biomasa ou o volume do stock dispoñible é suficiente para soportar o esforzo depesca proposto. O deseño do plan busca asegurar que a estrutura de tamaños é acorde coa dun stocksaudable e fai factible acadar de xeito sostible os obxectivos esperados. Este plantexamento non evitaa necesidade de avaliar o volume do stock sempre que sexa posible, pero permite avaliar a viabilidadedo plan incluso no caso de recursos nos que non se conta con estimacións do volume do stock.Con obxectivos a medio prazo, a vixencia dos plans pode ser incrementada a unha periodicidade de entorno 3 anos, pero deben estar ligados a un seguimento mediante indicadores e puntos de referencia.Estes indicadores son a base da xestión a curto prazo e o seguimento da evolución do plan a través dassolicitudes mensuais ou trimestrais de apertura.
Fields of Study & Subjects
Marine and fisheries research
Marine Bivalve and Aquaculture Studies
Coastal and Marine Management
Publication details
- Journal / source
- Zenodo (CERN European Organization for Nuclear Research)
- Publication date
- 10 January 2026
- Language
- GL