Astroturfing, desprestixio reputacional e destrución do patrimonio industrial: o caso das Pontes como exemplo empírico

Read full text
Authors: mino guerreiro
Cited by: 0

Abstract

O presente artigo analiza o fenómeno do astroturfing e das campañas de manipulación da opinión pública aplicadas a un ámbito practicamente ausente na literatura científica: a defensa e destrución do patrimonio industrial. A partir do caso das Pontes (A Coruña), interprétanse empiricamente estratexias de simulación de oposición social, desgaste reputacional e contaminación do debate público orientadas a socavar a resistencia social organizada, contribuíndo así a facilitar procesos de desmantelamento patrimonial. O traballo dialoga coa literatura existente sobre desinformación, astroturfing e guerra reputacional (Gilewicz & Allard-Huver, 2013; Kovic et al., 2018; García-Estévez et al., 2025), identificando un baleiro específico no estudo destas prácticas en conflitos patrimoniais e culturais, particularmente no ámbito do patrimonio industrial.

Fields of Study & Subjects

Misinformation and Its Impacts Cultural Heritage Management and Preservation Cultural Identity and Heritage

Publication details

Journal / source
Zenodo (CERN European Organization for Nuclear Research)
Publication date
31 January 2026
Language
ES